miércoles, 22 de abril de 2015

JClic

A actividade, denominada A fala de Uxío Novoneyra, atópase na plataforma zonaClic. O seu autor é José Antonio Pazos Pazos, que traballa no centro EEI Monte da Guía situado en Vigo, Pontevedra (Galiza). Esta actividade é apta para nenos de tres a doce anos.
Dita actividade consiste en que, a través de actividades de preelectira e preescritura, o alumnado chegua a coñecer parte do vocabulario empregado por o autor autóctono de Galiza Uxío Novoneyra, na súa obra poética ambientada na Serra do Courel.



A primeira actividade consiste en relacionar as palabras empregadas para o autor con as imaxes que representan na realidade, pero presentandoas imaxes relacionadas coas palabras correspondentes previamente. Esta actividade chamase Une.


A segunda actividade, Atopa a palabra, consiste en seleccionar a imaxe que se corresponde co vocablo que a plataforma mostra.



Fai o puzzle é o nome para a terceira actividade, a cal consiste basicamente en montar o quebradeirodecabezas.


Na cuarta actividade, Une, os rapaces e rapazas deberán relacionar os sons cada un cos seur respectivos nomes.


Ordena, consiste en ordear as letras para formar palabras.



Busca parellas é a actividade número seis. Nela o grupo dicente terá que facer parellas nun tempo límite de aproximadamente un minuto.


Mediante actividade O poema o grupo estudiantil escoitará un poema para posteriormente ordear os versos.


Enlace para a actividade: A fala de Uxío Novoneyra



No hay comentarios:

Publicar un comentario