miércoles, 29 de abril de 2015

Valoración dos blogs

B1-G.1: estético, claro e moi traballado.
B1-G.3: animado.
B1-G.4: fantástico.
B1-G.5: estupendo.
B1-G.6: escaso.
B2-G.1: bonito, moi traballado e claro.
B2-G.2: musical e animado.
B3-G.1: claro e traballado.
B3-G.2: bonito e elaborado.
B3-G.3: fantástico.
B3-G.4: animado.
B3-G.5: claro e conciso.
B4-G.1: animado e moi traballado.
B4-G.2: moi traballado.
B4-G.3: moi animado e entretido.
B4-G.4: elaborado e claro.


Como resumo... O noso póster

Como resumo da nosa actividade no noso blog, decidimos facer un póster que amosa o percorrido que fixemos durante todo este cuatrimestre. Nun dos laterais aparece o referente ao blog en sí, e, no outro, o proxecto do xornal escolar, "Rosalía" cunha mostra do site de Google e da Webquest realizada.




Película, Documental e Spot publicitario

Para a realización da ficha técnica da película, a serie e o spot publicitario subimos o documento á plataforma Dropbox. Na actividade analizamos unha película, Fievel e o misterio do mounstruo nocturno; unha serie, Gerónimo Stilton; e un spot publicitario titulado Mi periódico digital 2010.

O documeto poderá verse premendo no seguinte enlace:

miércoles, 22 de abril de 2015

Como foi a nosa viaxe poolas TICs?

Antes: Ao principio tivemos algunhas dificultades con algún dos programasa e sentímonos un pouco perdidos.

Despois: Agora, tras ter cursado a asignatura de Novas Tecnoloxías sabemos utilizar moitos programas novos que nos facilitarán o traballo no futuro cando sexamos mestres, e o mási importante, que permitirán aos alumnos aprender dunha forma máis atractiva e motivante.


JClic

A actividade, denominada A fala de Uxío Novoneyra, atópase na plataforma zonaClic. O seu autor é José Antonio Pazos Pazos, que traballa no centro EEI Monte da Guía situado en Vigo, Pontevedra (Galiza). Esta actividade é apta para nenos de tres a doce anos.
Dita actividade consiste en que, a través de actividades de preelectira e preescritura, o alumnado chegua a coñecer parte do vocabulario empregado por o autor autóctono de Galiza Uxío Novoneyra, na súa obra poética ambientada na Serra do Courel.



A primeira actividade consiste en relacionar as palabras empregadas para o autor con as imaxes que representan na realidade, pero presentandoas imaxes relacionadas coas palabras correspondentes previamente. Esta actividade chamase Une.


A segunda actividade, Atopa a palabra, consiste en seleccionar a imaxe que se corresponde co vocablo que a plataforma mostra.



Fai o puzzle é o nome para a terceira actividade, a cal consiste basicamente en montar o quebradeirodecabezas.


Na cuarta actividade, Une, os rapaces e rapazas deberán relacionar os sons cada un cos seur respectivos nomes.


Ordena, consiste en ordear as letras para formar palabras.



Busca parellas é a actividade número seis. Nela o grupo dicente terá que facer parellas nun tempo límite de aproximadamente un minuto.


Mediante actividade O poema o grupo estudiantil escoitará un poema para posteriormente ordear os versos.


Enlace para a actividade: A fala de Uxío Novoneyra



Entrada 12: Rematando pouco a pouco

Na sesión de hoxe, día 22/04/15 remataranse as diversas actividades que nos foron propostas, polo que, subirase ó enlace da Webquest, repararanse os enlacesrotos (aínda que o das actividades con EdiLim parece ser que non pode ser reparado), subiranse as viñetas relacionadas coas TICs e acabarase de maquetar o póster que se utilizará para a promoción do blog.

Esperamos que o resultado sexa satisfactorio e útil.

Webquest

Resultado de imagen de webquest logo
Neste enlace poderedes atopar a Webquest sobre literatura galega que se pode traballar có alumnado de terceiro de Primaria como actividade complementaria a todas aquelas que estamos a realizar.
Os pais da literatura galega.

miércoles, 15 de abril de 2015

Entrada 11: Webquest e modificacións

No día de hoxe, 15/04/15 realizarase o remate da Webquest sobre literatura galega que foi comezada a semana pasada, xa que, produxéronse problemas coa rede que imposibilitaron a inserción da información na plataforma.
Nesta Webquest tratarase de ampliar os coñecementos sobre autores galegos e as súas vidas e obras para que o alumnado chegue a identificalos.
Por último realizáronse modificacións ao site da Webquest para que fora máis vistoso. Ademais do mesmo, comenzouse a realizar o póster de presentación do noso traballo.

*Como anotación final, comentar que estamos a realizar modificacións neste blog para que sexa moito máis sinxelo de utilizar.

Desculpade as molestias.

miércoles, 8 de abril de 2015

Smart Notebook

Mediante o programa Smart Notebook realizamos unha actividade titulada A palabra nativa. O obxetivo desta actividade sería que os rapaces aprendesen a recoñecer as palabras propias da terra e as usasen na vida diaria, sendo conscentes de cando estan a empregar un anglicismo ou un castelanismo.

O primer exercicio titúlase O castelán infiltrado. Trata de que os nenos unan a palabra galega coa imaxe, detectando a palabra castelá, que a miudo se "infiltra" na fala dos galegos.



O segundo exercicio, ao que denominamos O vocablo estranxeiro, consiste en unir, unha vez máis, a imaxe coa palabra propiamente galega. O cambio é que esta vez os nenos deberán diferenciala da palabra inglesa.


Entrada 10: Á volta do descanso



Nesta sesión, día 08/04/15 e despois de Semana Santa, eliximos unha película sobre a nosa temática do proxecto e a analizamos para a súa posterior utilización nos ámbitos educativos posibles.
Ademáis, crearemos a Webquest sobre a temática da Literatura Galega e a búsqueda de información dos diversos autores que cambiaron o panorama literario nesta Comunidade.

Como problema a destacar coa realización da Webquest, atopamos que, ao realizala atópase a imposibilidade de cumprimentar o apartado de recursos, xa que, non deixa eliminar o recurso facilitado de exemplo pola plataforma.


Esperamos que sirva de axuda e de que así o alumnado poida aprender desta etapa da nosa lingua de forma máis dinámica e utilizando as TICs.

miércoles, 25 de marzo de 2015

Entrada 9: Actividades por doquier

Na sesión deste mércores, día 25/03/15 realizáronse actividades cos programas de EdiLIM e Smart Notebook, para que o alumnado poida disfrutar dunha aprendizaxe moito máis entretida e menos monótona.
As actividades do EdiLIM están orientadas á Literatura, tanto Galega, como Castelá e Extranxeira. Trátase de catro actividades nas o alumnado terá que relacionar ós autores coas obras, cos seus nomes, con algunha frase célebre dos mesmo ou mesmo realizar parellas entre as fotos dos autores dados. A particularidade é que non sempre se trata dos mesmos autores senón que cambian dependendo da actividade.
Por oura banda, as actividades do Smart Notebook, encamíñanse ao ámbito da Lingua Galega, nas que o alumnado deberá tratar de atopar a palabra correcta en galego para a imaxe que se atopa no centro.

Esperamos que sirvan de axuda.

EdiLIM

Para que o alumnado adquira coñecementos de Literatura Galega, realizáronse as seguintes actividades co programa EdiLIM, coas que porán disfrutar da Literatura dunha forma interactiva e máis dinámica.


EdiLIM

Por se existen algún problema para poder acceder á páxina na que atópanse as actividades, a continuación facilitamos unha captura de pantalla das mesmas para que se poidan facer unha idea do que esperamos traballar e do que se atopa nestas actividades.

Actividade 1: Nesta actividade o alumnado deberá unir o nome do autor coa súa fotografía correspondente.


 Actividade 2: O alumno será facilitado dunhas frases célebres de autores e deberá cumprimentar o nome de dito autor para identificalo coa frase que foi dita polo mesmo.


Actividade 3: O alumnado deberá unir o nome do autor coa súa obra correspondente.


Actividade 4: Para recoñecer aos autores deberán formarse parellas entre as fotografías dos mesmos.


Entrada 8: Sites do Xornal



Hoxe, día 25/03/15 imos a crear unha conta na plataforma dixital de Sites. Nesta plataforma, colgaremos a introducción, xustificación, proposta didáctica e actividades do informe colgado anteriormente en Dropbox e en este blog.

Sites Xornal Escolar "Rosalía"

jueves, 19 de marzo de 2015

Recursos web e portais educativos

Para facilitar un pouco este camiño polasTICs ao profesorado, hemos creído convinte realizar unha pequena investigación sobre recursos web e portais educativos que poidan axudar aos e ás docentes coas novas formas de ensinar nas aulas. A continuación facillitamos ó enlace do mesmo a Google Drive e a Dropbox.

Recursos web e portais educativos Google Drive
Recursos web e portais educativos Dropbox

Esperamos que resulte de axuda.

miércoles, 18 de marzo de 2015

Entrada 7: Nova apariencia do blog.

Na sesión de hoxe, día 18/03/15 como pódese ver, hemos realizado unha modificación no noso blog para que resulte moito máis atrativo ao público que nos visita.



Esperamos que disfrutedes coa nova apariencia que posee.

Entrada 6: Traballando ata tarde


































Hoxe, día 18/03/15 como tarea extra fóra do horario de traballo, realizamos o facilitamento de dous enlaces para poder visualizar ó noso blog. Esperamos que poidan disfrutalo.

domingo, 15 de marzo de 2015

Entrada 5: Modificando polo momento

A actualización deste diario de sesións non puido realizarse durante a sesión do mércores 11/03/2015, polo que retrásase ata hoxe 15/03/15.
Na sesión do día nomeado con anterioridade realizouse unha modificación do proxecto que esperamos que podades visualizar dentro de pouco. Estas modificacións realizáronse despois de ensinar o informe e de ser aconselladas para melloralo un chisco.



Desculpade as molestias que puidera causar este retraso.

miércoles, 25 de febrero de 2015

Entrada 4: Intento de metodoloxía

Na sesión do día 25/02/15, tratamos de realizar a metodoloxía do noso proxecto, aínda que non puidemos rematala debida a falta de coñecemento para realizar algúns dos puntos a tratar. Tamén realizamos unha división do traballo para a seguinte semana.


Entrada 3: Pequenos problemas técnicos

Hoxe día 25/02/15 e debido a problemas técnicos non se puido realizar a actualización do diario no día pertinente.


Nese día realizamos o comezo do proxecto do xornal escolar, para o mesmo realizáronse actividades coa aplicación educaplay para o apartado de pasatempos, ademais de recadar información sobre distintas actividades lúdicas que poidan ser de interese para o alumnado.

miércoles, 4 de febrero de 2015

Entrada 2: Continuamos cos traballos ás voltas

Nesta sesión do 04/08/2015 realizamos as seguintes actividades:

-Determinamos cal vai ser o noso proxecto e a liña temática a abordar.
-Escollimos realizar un xornal dixital dirixido ao alumnado de terceiro de primaria co obxectivo de desenvolver a competencia lingüística en galego.

-Dito xornal estará dividido en catro secións, as cales serán: novas, pasatempos, seción cultural e ocio.
-Ademais comezamos a rechear a táboa dos contidos do currículum que trataremos no noso xornal.

miércoles, 21 de enero de 2015

Para comezar, unha pequena viñeta! PROFESORES VS TICs


Introducción ao noso blog


Queremos, antes de nada, explicar o porqué do noso nome. O nome ven dunha idea que xurdiu como solución a un pequeno debate que mantivemos.

O nome quere indicar que comprendemos a aprendizaxe coma un trabalinguas que aínda que dende fóra semella complexo, unha vez que o dominamos acabar por ser máis doado. Tomamos a implicación na aprendizaxe como unha "mergullación" nun mundo que rematará por acompañarnos ao longo de toda a nosa vida.

Para finalizar gustaríanos brindarvos unha calurosa benvida a este fantástico mundo que descubriremos en conxunto.

Por todo isto e moito máis, moitas grazas por ler e valorar o noso blog.

Entrada 1: Inicio de actividade

Hoxe día 21/01/2015 fixemos as seguintes actividades:

-Creamos un correo electrónico de gmail para poder crear o blog.
-Creamos o blog despois do correo e de escoller un nome.
-Personalizamos o blog.






-Vinculamos a conta de correo coa plataforma Drive.
-Buscamos unha viñeta relacionada coas TIC para poder subir ao blog.