miércoles, 29 de abril de 2015

Valoración dos blogs

B1-G.1: estético, claro e moi traballado.
B1-G.3: animado.
B1-G.4: fantástico.
B1-G.5: estupendo.
B1-G.6: escaso.
B2-G.1: bonito, moi traballado e claro.
B2-G.2: musical e animado.
B3-G.1: claro e traballado.
B3-G.2: bonito e elaborado.
B3-G.3: fantástico.
B3-G.4: animado.
B3-G.5: claro e conciso.
B4-G.1: animado e moi traballado.
B4-G.2: moi traballado.
B4-G.3: moi animado e entretido.
B4-G.4: elaborado e claro.


Como resumo... O noso póster

Como resumo da nosa actividade no noso blog, decidimos facer un póster que amosa o percorrido que fixemos durante todo este cuatrimestre. Nun dos laterais aparece o referente ao blog en sí, e, no outro, o proxecto do xornal escolar, "Rosalía" cunha mostra do site de Google e da Webquest realizada.




Película, Documental e Spot publicitario

Para a realización da ficha técnica da película, a serie e o spot publicitario subimos o documento á plataforma Dropbox. Na actividade analizamos unha película, Fievel e o misterio do mounstruo nocturno; unha serie, Gerónimo Stilton; e un spot publicitario titulado Mi periódico digital 2010.

O documeto poderá verse premendo no seguinte enlace:

miércoles, 22 de abril de 2015

Como foi a nosa viaxe poolas TICs?

Antes: Ao principio tivemos algunhas dificultades con algún dos programasa e sentímonos un pouco perdidos.

Despois: Agora, tras ter cursado a asignatura de Novas Tecnoloxías sabemos utilizar moitos programas novos que nos facilitarán o traballo no futuro cando sexamos mestres, e o mási importante, que permitirán aos alumnos aprender dunha forma máis atractiva e motivante.


JClic

A actividade, denominada A fala de Uxío Novoneyra, atópase na plataforma zonaClic. O seu autor é José Antonio Pazos Pazos, que traballa no centro EEI Monte da Guía situado en Vigo, Pontevedra (Galiza). Esta actividade é apta para nenos de tres a doce anos.
Dita actividade consiste en que, a través de actividades de preelectira e preescritura, o alumnado chegua a coñecer parte do vocabulario empregado por o autor autóctono de Galiza Uxío Novoneyra, na súa obra poética ambientada na Serra do Courel.



A primeira actividade consiste en relacionar as palabras empregadas para o autor con as imaxes que representan na realidade, pero presentandoas imaxes relacionadas coas palabras correspondentes previamente. Esta actividade chamase Une.


A segunda actividade, Atopa a palabra, consiste en seleccionar a imaxe que se corresponde co vocablo que a plataforma mostra.



Fai o puzzle é o nome para a terceira actividade, a cal consiste basicamente en montar o quebradeirodecabezas.


Na cuarta actividade, Une, os rapaces e rapazas deberán relacionar os sons cada un cos seur respectivos nomes.


Ordena, consiste en ordear as letras para formar palabras.



Busca parellas é a actividade número seis. Nela o grupo dicente terá que facer parellas nun tempo límite de aproximadamente un minuto.


Mediante actividade O poema o grupo estudiantil escoitará un poema para posteriormente ordear os versos.


Enlace para a actividade: A fala de Uxío Novoneyra



Entrada 12: Rematando pouco a pouco

Na sesión de hoxe, día 22/04/15 remataranse as diversas actividades que nos foron propostas, polo que, subirase ó enlace da Webquest, repararanse os enlacesrotos (aínda que o das actividades con EdiLim parece ser que non pode ser reparado), subiranse as viñetas relacionadas coas TICs e acabarase de maquetar o póster que se utilizará para a promoción do blog.

Esperamos que o resultado sexa satisfactorio e útil.

Webquest

Resultado de imagen de webquest logo
Neste enlace poderedes atopar a Webquest sobre literatura galega que se pode traballar có alumnado de terceiro de Primaria como actividade complementaria a todas aquelas que estamos a realizar.
Os pais da literatura galega.